Domingo 9 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións para os nenose ne nas na praza dos Irmáns García Naveira así como do Campamento Medieval no Cantón Claudino Pita por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h Na praza da Constitución xogos populares e tradicionais para nenos e nenas por conta dos membros da CRUZ VERMELLA de Betanzos.
12:30 h h No recinto do Campamento Medieval obradoiro de elaboración de escudetes para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos por conta de Oxígeno Ocio Educativo. O obradoiro terá unha hora de duración e poderán participar nel ata 15 nenos e nenas que deberán inscribirse neste media hora antes da realización do obradoiro, no mencionado campamento.
12:30 h h Actuación de KOTE MALABAR na Praza da Constitución
12:30 h Actuación do MAGO GONZALVEZ no adro de Santa María.
13:30 h h Escena da expulsión dos leprosos que parten da praza dos Irmáns García Naveira, que desenvolverá a xente colaboradora da organización e que rememora un feito histórico da cidade.
17:00 h Apertura das paradas.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h Apertura do campamento medieval no cantón de Claudino Pita.
18:00 h Torneo Medieval a cabalo na praza dos Irmáns García Naveira con exhibición dos cabaleiros ademais de CETRARÍA. Espectáculo de danza polas mozas colaboradoras da organización e a escola de danza DANZARTE.
20:00 h Actuación do MAGO GONZALVEZ na Praza da Constitución
20:00 h Actuación de KOTE MALABAR no adro de Santa María.
23:00 h Na praza da Constitución espectáculo por conta do grupo de teatro LA RECUA.
Durante todo o día percorrerán a feira o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro LA RECUA e, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE cos espectáculo O AFIADOR RODESINDO DA BARROSA, e PECCATA MINUTA, exhibición de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e CETRARÍA na rúa Nova.

RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 11:00 h ata as 14:00 h e dende as 18:00 h ata as 22:00 h.

Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 18:30 h e as 20:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.