Sábado, 8 de Sant-Iago
11:00 h Apertura das paradas.
11:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL e das atraccións para os nenose ne nas na praza dos Irmáns García Naveira así como do Campamento Medieval no cantón Claudino Pita por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
12:00 h Comezarán a percorrer a Feira os pasarrúas de MÚSICOS, CÓMICOS e MALABARES, así como o grupo de teatro LA RECUA.
12:30 h Actuación do MAGO GONZALVEZ na praza da Constitución.
12:30 h Actuación de KOTE MALABAR no atrio de Santa María.
13:30 h Na praza da Constitución, chegada dos mouros ao mando de Yussuf Hammar para esixir á cidade de Betanzos as doncelas que ten que entregar ao califa de Córdoba. Un pai campesiño ofrecerá a Yussuf Hammar todo o seu patrimonio a cambio de que deixe libre á súa filla e ante a negativa de Yussuf prefire matala. Entón a veciñanza de Betanzos érguese en armas contra dos mouros e despois dunha fera loita conseguen derrotalos e liberar as doncelas. As mozas mouras que acompañan a Yussuf deleitaranos cunhas fermosas danzas.
17:00 h Apertura das paradas.
18:00 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira.
18:00 h Apertura do Campamento Medieval no cantón de Claudino Pita.
19:00 h Revolución irmandiña coa proclama do mercador Afonso de Carballido e a continuación actuación do grupo AZOUGUE da Escola Municipal de Folclore de Betanzos e danza campesiña polas mozas colaboradoras da organización.
20:00 h Actuación de KOTE MALABAR na praza da Constitución.
20:00 h Actuación do MAGO GONZALVEZ no atrio de Santa María.
24:00 h Na Praza da Constitución, espectáculo de pirotecnia, zancudos, lume e AQUELARRE por conta do grupo de teatro LA RECUA.
Durante todo o día percorrerán a Feira o grupo de música ACIBREIRA, o grupo de teatro LA RECUA e, o grupo de teatro VOLTA E DÁLLE cos espectáculos O AFIADOR RODESINDO DA BARROSA, e PECCATA MINUTA, exhibición de TIRO CON ARCO no adro de Santa María e CETRARÍA na Rúa Nova.

RECUNCHO INFANTIL na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 11:00 h ata as 14:00 h e dende as 18:00 h ata as 22:00 h.


Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.