Venres, 7 de Sant-Iago
15:00 h Fin da localización das paradas da Feira Franca Medieval.
18:00 h Os/as artesáns/ás chegados de todos os lugares e recunchos de España, abren as súas paradas ateigadas de mercadorías, para ofrecer o mellor das súas terras ás persoas que queiran mercar ou observar os seus produtos.
19:30 h Apertura do RECUNCHO INFANTIL situado na praza dos Irmáns García Naveira e apertura do CAMPAMENTO MEDIEVAL situado no cantón Claudino Pita, este último por conta da compañía Especialistas Hípica Celta con combates entre cabaleiros, tiro con arco, tiro con bésta, xogos para os nenos e nenas e obradoiros de exhibición de oficios tradicionais (tear de liño, traballo con coiro e obradoiro de ferreiro).
19:30 h Actuación de KOTE MALABAR na Praza da Constitución
18:00 h Actuación do MAGO GONZÁLVEZ no adro de Santa María.
21:00 h O señor de Andrade honra a todos aos seus vasalos coa chegada á Praza da Constitución desta real cidade e solicítalle ao ilustrísimo señor rexedor a apertura da FEIRA FRANCA
Deseguido nobres e campesiños presentarán as súas queixas e pedimentos ao señor de Andrade por medio do notario Xoán Blanco e haberá danzas mouras e campesiñas, estas últimas coa colaboración da escola de danza DANZARTE. O pregón correrá por conta do vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña SALVADOR NAYA FERNÁNDEZ.
Para rematar o ilustrísimo señor rexedor da cidade de Betanzos abrirá a XX FEIRA FRANCA MEDIEVAL desta cidade.
23:00 h Na rúa Travesa os membros do CLUB DE BALONCESTO SANTO DOMINGO de BETANZOS representarán o incendio da cidade do século XVI cunha simpática carreira de bocois.
00:00 h Na praza da Constitución espectáculo de lume e malabares “Errantes” por conta da compañía TROULA Animación.
Durante toda a tarde haberá espectáculos de malabarismo, música, teatro, etc. Actuarán por toda a feira o grupo de música ACIBREIRA, o Grupo TROULA ANIMACIÓN con espectáculos de percusión e lume. Ao longo de toda a tarde haberá exhibición de TIRO CON ARCO na adro de Santa María e de CETRARÍA na rúa Nova.

RECUNCHO INFANTIL: na praza dos Irmáns García Naveira, e CAMPAMENTO MEDIEVAL no cantón Claudino Pita desde as 18:00 h ata as 22:00 h con obradoiros e xogos populares para nenos e nenas. Co mesmo horario funcionarán o resto das atraccións para os rapaces e rapazas.
Neste día de previsible afluencia masiva de xente á nosa cidade a Cruz Vermella e o Concello de Betanzos porán a disposición das persoas asistentes, de xeito gratuíto, un servizo de localización de nenos/as perdidos/as entre as 19:30 h e as 21:30 h no posto de información situado na praza dos Irmáns García Naveira.