Saúdo do Alcalde
 
O Medievo para Nenos
 
Programa
 
Plano
 
Aparcadoiros
 
Cartel
 
 
Colaboradores
 
 
Saúdo do Alcalde
 
A Feira Franca Medieval cumpre vinte anos, unha andadura de dúas décadas nas que de xeito humilde, sinxelo, mais con moito traballo e ilusión conseguimos converter a Feira nun referente de todos os mercadosmedievais se celebran en Galicia e símbolo e imaxe do noso municipio, fundamentalmente polo ámbito no que se celebra, o casco histórico, e pola participación de todos nós e dos milleiros de persoas que durante estes días nos acompañan.
 
Unha Feira coa que Betanzos marca o inicio do verán, viaxando a unha época pretérita onde a nosa cidade tivo un papel significativo no acontecer de Galicia. Tres días que vos convido a que aproveitedes para gozar plenamente de algo único, dun encontro diferente e de BETANZOS, en maiúsculas, da súa riqueza histórica e cultural, das súas rúas, da súa xente, do seu comercio, da súa hostalaría...
 
Nas vosas mans tedes o programa de actividades que inclúe dende as representacións de temas e acontecementos medievais que marcaron a nosa historia, ata música, exposicións... que se mesturarán coa venda de produtos de artesanía e produtos gastronómicos nos distintos postos distribuídos nas rúas do casco histórico, un programa que non sería posible desenvolver sen a desinteresada achega de todo o voluntariado e traballadores e traballadoras municipais aos cales agradezo o seu esforzo e dedicación.
 
Ramón García Vázquez