Chega unha nova edición da Feira Franca Medieval. Será a XXIV edición dunha festa que xa se converteu nun símbolo do noso municipio pola transcendencia alcanzada, pola participación de todos nós e dos miles de persoas que durante estes días acompáñannos: polas espectaculares representacións de temas e acontecementos medievais: polas exposicións; a venda de artesanía, de productos gastronómicos… E sobre todo polo marco no se celebra, polas nosas rúas e prazas, e o noso casco histórico no que entre todos logramos reproducir e revivir unha época pretérita na que Betanzos tivo unha significativa transcendencia histórica.