Saúda do rexedor

XXI Feira Franca Medieval de Betanzos

Chega unha nova edición da Feira Franca Medieval. Será a XXI edición dunha festa que xa se converteu nun símbolo do noso municipio pola transcendencia alcanzada, pola participación de todos nós e dos miles de persoas que durante estes días acompáñannos: polas espectaculares representacións de temas e acontecementos medievais: polas exposicións; a venda de artesanía, de productos gastronómicos… E sobre todo polo marco no se celebra, polas nosas rúas e prazas, e o noso casco histórico no que entre todos logramos reproducir e revivir unha época pretérita na que Beteanzos tivo unha significativa transcendencia histórica.

Nas vosas mans tedes o programa que encarna ese transfondo de grandeza e sensibilidade popular, unha mestura de novas e veteranas achegas para recrear no presente, e fixar no futuro, un espectáculo no que o noso casco histórico, xoia da nosa cidade, será protagonista un ano máis para escenificar unha fantástica coreografía urbana e humana.

Como en anos anteriores, desexo engadir unha invitación tan ampla como sinxela a todos os betanceiros e visitantes para que gocedes durante estes días da vosa cidade e agradecer tamén o esforzo de todos os voluntarios e organizadores da feira.

Ramón García Vázquez